Moeche abre o prazo de presentación de propostas veciñais para o orzamento municipal de 2021
O Concello de Moeche decidiu non levar adiante este ano as asembleas participativas polas parroquias nas que desde hai uns anos se veñen propoñendo unha boa parte dos investimentos municipais. A razón sobra dicila: seguimos nunha situación de pandemia que non aconsella organizar as reunións para expoñer e debater distintas necesidades que ten o territorio. …