Luns 09 de Decembro de 2019

O concello aprobou a ampliación dun vial no entorno do Colexio de Palmeira para mellorar a fluidez do tráfico


O Concello de Riveira aprobou en xunta de goberno local a ampliación dun vial situado na contorna do CEIP Palmeira.

A execución desta acción responde a mellorar a fluidez da circulación nunha zona na que, especialmente en horas punta de entrada e saída do colexio, se rexistran frecuentes conxestións de tráfico.

A estrada ten unha lonxitude de 70 metros e será ampliada en aproximadamente 2,5 metros de ancho (186 metros cadrados en total). A súa posta en marcha foi posible grazas á cesión do terreo necesario por parte dun veciño da localidade.

A actuación será realizada pola empresa DMLAR S.L e ten un importe de 21.239, IVE incluído.