Mércores 18 de Outubro de 2017

A Xunta realizará xornadas informativas sobre as axudas á rehabilitación de vivendas nos camiños de Santiago en 9 concellos da provincia da Coruña


A ARI dos Camiños de Santiago dispón en 2016 de 3,2 millóns de euros para axudas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, continuará co ciclo de charlas “Vivendas dos Camiños”, centradas nas subvencións á rehabilitación de vivendas nos distintos camiños de Santiago. Esta semana, as reunións celebraranse nos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Carral, Oroso, O Pino, Betanzos, Cambre, Ordes e Culleredo.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago conta en 2016 cun orzamento total de 3,2 millóns de euros para actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas. Esta área comprende as sete rutas do Camiño de Santiago en Galicia, incluíndo 107 concellos e preto de 500 parroquias.

Dadas as especias características de dispersión xeográfica desta Área de Rehabilitación Integral, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, realizará charlas informativas na totalidade dos concellos incluídas na mesma, dirixidas aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa, incluído no Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, aluguer e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

As subvencións da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha axuda do 35 % do orzamento, que pode ser dun máximo de 11.000 euros por vivenda. Poden beneficiarse todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades, o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño.

Consideraranse actuacións a protexer, a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas, edificios de vivendas e vivendas unifamiliares a fin adecualas á normativa vixente. Máis detalles sobre obras subvencionables en http://www.igvs.es/web/actuamos/858.

Dende comezos de febreiro estanse a realizar charlas informativas nos concellos incluídos nas distintas rutas do Camiño.

Dende comezos de febreiro estanse a realizar charlas informativas nos concellos incluídos nas distintas rutas do Camiño. Na semana do 8 ao 11 de marzo as charlas realizáranse nos seguintes concellos.