Mércores 23 de Setembro de 2020

O Concello de Brión convoca un curso para obter o carné de manipulador de alimentos, que terá lugar o 13 de maio


O Concello de Brión abre o prazo de inscrición nun curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos, que terá lugar o venres 13 de maio, de 16:00 a 19:00 horas, no centro social polivalente de Pedrouzos. O curso mantén o prezo de anos anteriores, 25 euros, e será preciso reunir un grupo mínimo de 10 persoas para a súa celebración.

O carné de manipulador de alimentos faculta ao seu posuidor para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos…), no sector alimentario, en comedores escolares… Durante as tres horas do curso, os alumnos e alumnas aprenderán distintos conceptos sobre nutrición, a hixiene e manipulación dos alimentos, así como os distintos métodos de conservación dos alimentos.

As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura de Brión, chamando ao teléfono 981 50 99 08 ou a través do e-mail voluntariado@briondixital.org. O prazo de inscrición remata o próximo 5 de maio.