Mércores 11 de Decembro de 2019

Ánxeles Rodríguez, medalla de prata no XI European Athletics Championships Indoor


A atleta Ánxeles Rodríguez vén de demostrar unha vez máis o seu alto nivel e técnica sobre a pista. Nesta ocasión foi nunha cita internacional, no XI European Masters Athletics Championships Indoor que tivo lugar recentemente en Italia. De alí a deportista ordense regresou coa medalla de prata na proba w55 disputada por equipos. Ademais tamén acadou o 6º e o 8º posto en xavelina e 3000 m respectivamente.