Mércores 25 de Novembro de 2020

Visita guiada de medio cento de alumnos do IES Número 1 á exposición de Lesmes


Medio cento de alumnos do IES Número 1 visitarán mañá venres a exposición 15×20 Mate que se está a exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas.

A visita terá lugar a partir das 12.15 horas en dúas tandas de 20 minutos cada unha. Un integrante de Lesmes Fotógrafos guiaralos pola mostra.