Venres 20 de Abril de 2018

Máis de trinta actividades darán vida ao Auditorio na terceira Feira da Educación para visibilizar o labor formativo en Riveira


33 entidades están implicadas na organización do evento

Un total de 34 actividades encherán esta semana o Auditorio Municipal na III Feira da Educación de Riveira co fin visibilizar o labor que dende o ámbito educativo e formativo en xeral se está a realizar no noso municipio.

A concelleira de Educación, Herminia Pouso Maneiro, e a responsable de Normalización Lingüística, Alicia Padín Otero, compareceron hoxe no Consistorio para desgranar a programación dun certame que se desenvolverá entre este mércores 27 e o sábado 30 de abril. En total, hai 33 entidades implicadas.

Entre os obxectivos que se persegue con esta iniciativa, figuran a visibilización do traballo desenvolvido nos centros de ensino, a posta en común de proxectos educativos dos centros, a dinamización do uso da lingua galega, mostrar o valor pedagóxico das actividades extraescolares ou dar a coñecer o potencial do ensino profesional.

Compoñente solidario
A presente edición ten un marcado compoñente solidario (con actividades como as Meninas en beneficio de Aldeas Infantís cunha poxa pública que se desenvolverá o vindeiro venres ás 20 horas ou tamén actividades artísticas e educativas non regradas das asociacións Ambar e A Creba coas que mellorar o noso coñecemento sobre a coeducación e a visión do outro.

Música, teatro, reciclaxe informática, cociña ou proxeccións audiovisuais sobre violencia de xénero son outras temáticas dunha feira que contará con dúas vertentes: unha mostra na que mediante pequenos stands, os colexios e escolas municipais deixan ver o seu quefacer cotián; e mais actividades de mañá (público escolar e o profesorado acompañante) e tarde e fin de semana (público xeral).

PROGRAMACIÓN

27 de abril, mércores

“Un conto de Disney”curtametraxe documental realizada por alumnado de bacharelato e FP, e 3 spots publicitarios feitos polo alumnado do CPR Bayón, IES Nº 1 e Leliadoura.
Dolores Crujeiras, técnica do Centro de Información á Muller do Concello presenta os traballos audiovisuais que fomentan a igualdade e preveñen a violencia de xénero.
Hora: 10.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Pandeiretas do CPR Sagrado Corazón de Castiñeiras
Hora: 10.45 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Viaxe á Lúa. Representación teatral do IES Leliadoura
Unha interesante e divertida adaptación teatral do filme de Georges Melies, que ademais, como pano de fondo, se proxectará durante a representación.
Hora: 11.00 -12.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

“Castelao e os nenos”, profesor Daniel do CEIP Plurilingüe O Grupo.
Horario: 12.00-12.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e ESO

Obradoiro de reciclaxe informática IES Leliadoura
Hora: 11.00 – 14.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Todos os públicos

A Caravana dos contos de cine
Unha iniciativa creada coa intención de dinamizar o uso do galego no tempo de lecer. Proxección continua de cine infantil realizado en Galicia.
Data: 27 de abril, mércores
Hora: 17.00 a 21.00 h
Lugar: Entrada do Auditorio Municipal
Todos os públicos (infantil e primaria)

Concerto dos nenos do CPR Galaxia
Hora: 17.00 a 18.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Baile moderno da ANPA de Carreira
Hora: 18.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Flash conversations. Escola Oficial de Idiomas
Actividade de expresión oral en inglés da
Hora: 18.30 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Todos os públicos

Ensaio aberto do Murder Mistery: The Hadleigh Hall inheritance
Grupo de teatro “Seize The Day” (Escola Oficial de Idiomas)
Hora: 19.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

28 de abril, xoves

“Coñecemos o noso contorno próximo”
Hora: 10.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Sandra Fernández, técnica de Turismo fai un percorrido polos fitos paisaxísticos e patrimoniais do Concello
Todos os públicos

“Sinbad”
TVG e Ficción Producións produciron en 2011 esta magnífica adaptación cinematográfica da obra de Cunqueiro, “Se o vello Sinbad volvese ás illas”, gravada en Ribeira e protagonizada polo muradán Manuel Olveira, Pico.
Hora: 10.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Tubes papers alumnado de 4º de primaria do CEIP de Frións
Obradoiro de Arts and Crafts
Hora: 11.00 – 12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Dirixido a 25 nenos e nenas de 4º de primaria

“Ao Pollock” obradoiro de arte da ANPA CPR Milagrosa de Oleiros.
Obradoiro de técnica plástica baseada no expresionismo americano.
Hora: 11.30 – 12.30 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Dirixido a 25 nenos e nenas de primaria

Grupo de pandeiretas e canto tradicional do CPR Bayón
Hora: 12.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

“Un conto para todos” do CEEPR AMICOS
Neste taller un ou varios dos nosos alumnos/as realizarán a lectura dun conto adaptado con pictogramas e invitarán a algún dos asistentes a participar tamén. Trátase dunha lectura en común, para todos.
Hora: 12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos

Obradoiro de reciclaxe informática IES Leliadoura
Hora: 11.00 – 14.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal

Performance “Arte en Movemento”. Asociación AMBAR
Fusión dos obradoiros de Artes Escénicas e Artes Plásticas. A pintura, música, danza, materia e corpo son os elementos clave que compoñen esta acción. Nesta acción os artistas van plasmando con pintura sobre un lenzo xigante distintas formas segundo o ritmo da música, quedando como resultado final unha peza de expresionismo abstracto.
Hora: 12.45 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio
Duración: 15 minutos

A Caravana dos contos de cine
Hora: 17.00 a 21.00 h
Lugar: Entrada do Auditorio Municipal
Todos os públicos (infantil e primaria)

Coreografía do alumnado do CPR CPR Milagrosa de Oleiros
Coreografía interpretando a canción “NO” polas alumnas de 2º da ESO.
Hora: 17.00 a 17.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos.

“Cociña creativa” profesoras do CPR Milagrosa de Oleiros
Obradoiro de cociña
Hora: 17.30 a 18.30 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Dirixido a 20 alumnos de 3º e 4º Primaria

Concerto do alumnado do Conservatorio Municipal
O Auditorio acollerá un concerto do alumnado do Conservatorio no que gozaremos das delicias da música da man dos máis novos, o futuro.
Hora: 18.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

29 de abril, venres

Baile tradicional da ANPA O Grupo, profesora Rosa
Hora: 10.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Espectáculo infantil de monicreques para celebrar a Manuel María:
“Os soños na gaiola”. Baseado na obra de Manuel María
Espectáculo promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
Hora: 11.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a público de infantil e primaria

Romeo and Juliet do CPR Galaxia
Hora: 12.00-12.45 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Obradoiro de reciclaxe informática IES Leliadoura
Hora: 11.00 – 14.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Todos os públicos

Obradoiro de Arts and Crafts. “Pacific Northwest Native American Art”. CEIP O Grupo.
Hora: 12.00-12.30 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a 25 alumnos de 5º ou 6º de primaria

Obradoiro de Arts and Crafts en inglés do CPR Bayón
Hora: 12.00-12.30 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a 20 alumnos de Primaria

A Caravana dos contos de cine
Hora: 17.00 a 21.00 h
Entrada do Auditorio Municipal

Exhibición de kempo e baile moderno da ANPA CPR Galaxia
Hora: 17.00 a 18.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Exhibición de danza a cargo do alumnado da Escola Municipal de Ballet
A danza como expresión artística é un dos valores cos que adestrar o corpo e mais a mente, como demostra o noso alumnado.
Hora: 18.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Obradoiro creativo das Meninas
Horario: 18.00 a 20.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio Municipal
Os nenos e nenas que participen deste obradoiro coñecerán a obra de Velázquez, desde dentro, tal e como fixera o autor no seu día…
Todos os públicos (infantil e primaria)

As Meninas Solidarias coas Aldeas Infantís.
Horario: 20.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
O alumnado do CPR Galaxia traballou ao longo de todo o ano este proxecto solidario do que naceron unha ducia de preciosas Meninas, cuxa poxa pública se desenvolverá en acto público para recadar fondos a favor de “Aldeas Infantís”.
Están convidadas a participar todas as persoas solidarias que o desexen.

30 de abril, sábado

Contiario, de Pablísimo (programa Ler Conta Moito)
Contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 12 anos no que poderán gozar das mellores historias, adiviñas, contos de agora e de sempre da man de Pablo Sánchez.
Horario: 12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio Municipal
Público infantil e familiar.

RELACIÓN DE ENTIDADES PARTICIPANTES

EEI Capela-Carreira
CEEPR Amicos
CEP Plurilingüe de Carreira
CEIP Plurilingüe de Frións
CEIP Plurilingüe O Grupo
CEIP Heroínas de Sálvora
CEIP de Palmeira
CEIP de Olveira
CPR Bayón
CPR Galaxia
CPR Plurilingüe La Milagrosa
CPR Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras
CIFP de Coroso
Conservatorio Profesional de Música de Riveira
Escola Oficial de Idiomas
IES Nª 1
IES Leliadoura
IMER (Instituto de Mediación Educativa de Riveira)
ANPAs dos centros de ensino
Asociación A Creba
Asociación AMBAR
Biblioteca Municipal
Centro de Información á Muller
Centro de Interpretación Arqueolóxica do Parque de San Roque
Escola Infantil Municipal
Escola Municipal de Ballet
Escola Oficial Náutico Pesqueira
Ficcións Producións
“Ler Conta Moito”. Rede de Bibliotecas de Galicia
Mancomunidade de Municipios Arousa Norte
TVG
Unidade de Asistencia de Drogodependencias. Unidade de Día
Xunta de Galicia
Concello de Riveira