Domingo 07 de Marzo de 2021

TRAIL GALAICA


TRAIL GALAICA é un circuito de carreiras de montaña que explorará os rincóns máis ocultos e as fronteiras máis inexploradas da xeografía galega. Tratará de ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas que acepten o «reto» do trail de montaña.
Acunando o lema de “SERÁ POR MONTE”, queremos resaltar a nosa Galicia como unha das comunidades autónomas con máis montaña onde case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda ou unha montaña emblemática.
TRAIL GALAICA quere aproveitar esa beleza paisaxística para a promoción do deporte a través do trail-running. En cidades ou pobos, o circuito de carreiras de montaña galego comporase de varias probas distribuidas por toda a xeografía galega nas cales se poderá participar de xeito independiente ou tomando parte nun circuito que terá puntuacións en cada proba para realizar a clasificación e premiación final do mesmo.
Sete probas conforman o circuito, sendo os concellos de Ames, Sanxenxo, Muros, Noia, Sóber, Boborás e A Pobra os encargados de dar cabida aos deportistas que tomen parte de cada unha das probas, quedando o calendario distribuido da seguinte maneira:

28 DE FEBREIRO – CONCELLO DE AMES
• 20 DE MARZO – CONCELLO DE SANXENXO
• 8 DE MAIO – CONCELLO DE A POBRA
• 29 DE MAIO – CONCELLO DE MUROS
• 26 DE XUÑO CONCELLO DE BOBORÁS
• 17 DE XULLO – CONCELLO DE NOIA
• 11 DE SETEMBRO – CONCELLO DE SÓBER

Este ano a denominada Carreira Popular de Montaña “Serra do Barbanza” que se estaba realizando no noso Concello durante catro anos consecutivos pasa a formar parte do Trail Galaica coa denominación de CARREIRA DOS SEIS CUMES (A Curota: 596 m., Os Forcados: 620m., O Alto da Lagoa/Monte Barbanza: 652m., Alto do Salgueiro: 506 m., O Castelo: 588m., A Curotiña: 512 m.(Saída e meta)).