Luns 18 de Xuño de 2018

A Xunta comunicou a concesión dunha achega para realizar a obra


Porto do Son e Riveira colaborarán nunha actuación conxunta para pavimentar e ampliar o vial de Gándara a Campo de Patas

Os Concellos de Riveira e Porto do Son van colaborar nunha actuación consistente na pavimentación e ampliación do vial de 800 metros de lonxitude que une ambos municipios entre os lugares de Gándara (na parroquia de Oleiros) e Campo de Patas (en San Pedro de Muro).

Esta obra realizada en común será posible tras verse confirmada a concesión dunha liña de subvencións por parte de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O importe da achega é de 49.991.50 euros (o 80% da parte subvencionable) sobre unha actuación que ascende a un total de 62.489,37 euros máis IVE.

O vial en cuestión presenta un firme de calzada bastante deteriorado, cun ancho de rodadura de 5 metros. O obxectivo fundamental que se persegue reside en ampliar a plataforma de rodadura nun metros (pasando de 5 a 6 metros) ademais de mellorar o firme actual cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.Tamén inclúe a construción dunha nova rede de drenaxe de pluviais con tubo de PVC e as correspondentes arquetas.

Talleres de empleo
Cómpre lembrar que os Concellos de Porto do Son e Riveira teñen colaborado en moitas outras iniciativas, como é o caso dos dous últimos obradoiros de emprego postos en marcha, baixo as denominacións de Tahume 1 e Tahume 2.