Martes 10 de Decembro de 2019

Gran éxito de participación no Día da Biblioteca


Os que o desexen aínda poden participar colgando os seus selfies baixo o hastag #selfiebd

 

O obradoiro para crear postais móbiles cos protagonistas de libros como Mafalda, La gallina Cocorina ou Carapuchiña vermella tivo unha alta participación infantil, pero tamén os adultos gozaron das actividades organizadas polo centro dependente da Deputación. Ademais de coñecer os servizos grazas ao carro informativo que se sacou á rúa, os maiores formaron parte das visitas guiadas ás once bibliotecas persoais que hai nas instalacións.

 

Pero a maior novidade deste ano foron os selfies que os participantes se sacaron co Photocall creado para a ocasión. Os interesados en participar aínda poden enviar as súas fotos con algún libro, revistas ou xornais co hastag #selfiebd.

 

Ademais de aparecer no Twitter da biblioteca, formarán parte do collage que se creará con todas as fotos presentadas. Entre eles, participaron caras destacadas coma a do escritor Manuel Rivas.

 

Entre todos os candidatos se sorteará un lote de material da biblioteca como agasallo.