Mércores 08 de Xullo de 2020

A orquestra Los Satélites e o grupo Metrópolis actuarán mañá venres en Sigüeiro


A alameda de Góis, en Sigüeiro (Oroso), acollerá hoxe venres 20 de maio, a partir das 22:00 horas, unha sesión extraordinaria do Festival Oroso en Vivo, que contará coa participación da orquestra Los Satélites e do Grupo Metrópolis. Unha actuación prevista inicialmente para o sábado 7 de maio, dentro das celebracións da XX Festa da Troita, pero que tivo que ser aprazada debido a que as malas condicións meteorolóxicas non permitían a súa celebración dentro dos parámetros mínimos de seguridade. Para a noite de mañá venres as previsións son de ceo parcialmente nublado, cunha temperatura entre os 13 e os 19 grados.