Xoves 12 de Decembro de 2019

O Miradoiro de Pedra da Ra, vencedor nos 58º Premios FAD de Arquitectura, o certame máis prestixioso de España e Portugal


A obra proxectada por Carlos Seoane gañou en “Cidade e Paisaxe”
Xa é oficial. A remodelación do miradoiro de Pedra da Ra acaba de gañar na súa categoría nos 58º Premios FAD de Arquitectura, considerado o certame máis importante do sector en toda España e Portugal, segundo se fixo público na noite de onte no Disseny Hub Barcelona.

A obra proxectada polo compostelán Carlos Seoane impúxose na súa categoría (“Cidade e Paisaxe”) ás outras tres iniciativas finalistas: Nou Accés al Centre Històric de Gironella, Huertas de Caramoniña e Pis Zero.

Seis categorías
En total, había 496 obras presentadas a estes galardóns das cales había 21 finalistas nas distintas categorías. Así, a obra de Seoane en “Cidade e Paisaxe” comparte distinción con: Arquipélago – Centro de Artes Contemporáneas das Azores na categoría “Arquitectura” (obra de Joao Mendes Ribeiro, Cristina Guedes e Francisco Vieira de Campos), 3 Estacions de Metro de la L9 en “Interiorismo” (de Garcés-De Seta-Bonet Arquitectes e Tec4 Enginyers Consultors), Exposició Espècies D’Espais no MACBA de Barcelona en “Intervecións Efímeras” (de Maria Charneco, Alfredo Lérida, Guillermo López e Anna Puigjaner) e Córdoba Reurbano – Cidade México en “Internacionais” (de Eduardo Cadaval Narezo e Clara Solà-Morales). Ademais, os premio FAD de “Pensamento e Crítica” foi compartido ex equo por Josep Llinàs polo seu estudo “Sospecha de Estiércol” e “Fábrica de bloques”, revista especial de investigación arquitectónica. Juan José Lahuerta recibiu neste apartado un premio especial á súa traxectoria (información detallada de cada un destes premios en http://arquinfad.org/premisfad/es/.

O xurado estivo presidido por Moisés Gallego e integrado por Patricia Barbas, Eduardo de Miguel, Maite Prats, Rosa Remolà e Julia Schulz-Dornburg.

Valoración do xurado
Con relación a actuación desenvolvida en Pedra da Ra di o seguinte: “Una enorme piedra, en equilibrio inestable, jalona un otero que fue cantera de granito. La panorámica desde la cima es impresionante tal que los restos de la cantera merecieron la condición de lugar. Una desafortunada construcción dio fe de este hecho. La restauración del mirador es una sutil intervención que extrae los elementos superfluos que se añadieron a la roca buscando la esencia del emplazamiento. Una baranda de acero sugiere un camino para acercarse a la cima, una baranda de piedra maciza coloca al espectador frente al paisaje, y restos de una mínima urbanización periférica establecen el justo equilibrio entre obra construida y naturaleza del lugar”.

Cómpre lembrar que a actuación de remodelación foi un proxecto cofinanciado con fondos Feader xestionados pola asociación Deloa que supuxo recuperación do entorno da Pedra da Ra, demolendo a escalinata existente e acondicionando a área de actuación a través da disposición de distintos puntos de observación para ofrecer aos usuarios distintas opcións e perspectivas para o disfrute da paisaxe.

Foron empregados distintos tipos de pavimento de pedra natural do país con diferentes densidades, así como outros elementos como varandas tipo inox, varandas de barras, muros de granito, bancos de pedra ou alcorques de ferro forxado.

Foi executada pola empresa Sograni (Sonense de Granitos S.L.) e supuxo un investimento de 147.000 euros.