Sábado 15 de Decembro de 2018

A piscina do Muíño inaugura a tempada estival en Ordes


Aproveitando as boas temperaturas que se rexistraron na tarde de 18 en Ordes un bo número de veciños e veciñas achegáronse ata a piscina do Muíño para darse o primeiro baño da tempada. No día de hoxe estas instalacións destinadas ao tempo de lecer e a actividade deportiva abriron as súas portas ao público. Ata mediados de setembro será novamente, sen dúbida algunha, o espazo máis importante durante a época estiva para moitos e moitas.
Os interesados e interesadas poden dirixirse ao Departamento de Deportes para solicitar o carné de baños como para inscribirse nos cursos de natación.