Sábado 20 de Outubro de 2018

O 100% do alumnado do IES Afonso X aproba a selectividade


O 100% do alumnado do Afonso X O Sabio superou as probas de selectividade. En total 41 alumnos do IES se presentaron as probas de acceso a Universidade. Dende o centro de ensino mostráronse moi orgullosos dos seus alumnos e sinalan que non é a primeira vez que todos os estudantes que se presentan a selectividade superan as probas, “polo que segue a ser un dato moi positivo para o centro”, apuntan dende a dirección do instituto. Aseguran que unha vez máis o centro superou a media galega de aprobados e tamén que varios deles tiveron notas moi altas.