Sábado 26 de Maio de 2018

As charlas informativas que organiza a deputación sobre a convocatoria ordinaria de subvencións chegan a Carballo


 

O prazo de presentación de solicitudes, que xa está aberto, remata o 20 de novembro e por terceiro ano consecutivo se realizarán por vía telemática

As charlas que a Deputación da Coruña organiza por toda a provincia para explicar os trámites a realizar para presentar unha solicitude de subvención chegan a Carballo, en concreto ao Fórum (praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n).

Alí, dende as 20.00 horas os técnicos provinciais explicarán aos presentes os xeito de solicitar unha axuda da convocatoria ordinaria de subvencións cuxas bases saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o pasado luns e que por terceiro ano consecutivo se realizarán por vía telemática. O prazo de presentación xa está aberto e se pechará ás 14.00 horas do 20 de novembro.

Antes desa data as entidades sen ánimo de lucro ou concellos interesados en solicitar unha destas axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes e Servizos Sociais terán que ter presentada a súa documentación a través da plataforma dixital da web provincial www.dicoruna.es.

Precisamente para resolver dúbidas acerca desta plataforma ou sobre calquera outra cuestión do proceso, os técnicos provincias están a percorrer a provincia. Así, despois de Carballo, haberá outro encontro o venres en Outes. Destinado aos técnicos municipais e asociacións de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son e Ribeira. Será na Casa da Cultura.

A semana que vén será a quenda das comarcas de Betanzos, Ferrol e Ortigueira.