Martes 10 de Decembro de 2019

A parroquia de Pereira honra a memoria de Ramiro Recouso


A asociación veciñal prantou un carballo no campo da festa para recordar a figura do edil nacionalista finado o ano pasado e esidente do lugar

Unha vez máis quedou patente a estima e o respecto que o pobo de Ordes sigue sentindo pola persoa de Ramiro Recouso Liste, concelleiro do BNG finado en outubro de 2015. A Asociación de Veciños e Veciñas de Pereira, parroquia onde residía o edil, rendeulle hoxe unha emotiva e simbólica homenaxe, coincidindo coa súa comida anual.

O lugar escollido para darse cita foi o mesmo campo da festa onda tantas e tantas veces Recouso, con vinte anos como concelleiro as súas costas, acudiu para pasar e facerlle pasar a otros e a outras moi bos momentos. “Se estivera agora aquí seguro que xa andaría servindo bebidas e estando pendente de todo para que a cousa saíse ben”, comentaba un dos asistentes. Dende hoxe neste espazo medra un novo carballo na memoria dun dos políticos máis queridos e aprezados, secadra o que máis, da historia de Ordes. Novamente volveronse a escoitar palabras tan cheas de significado como integridade, dedicación, xenerodidade ou talante en boca tanto de compañeiros do BNG e doutras forzas políticas. Entre eles o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que estivo acompañado de case todos os membros de seu equipo de Goberno.

“Ramiro era amigo de empezar unha conversa cunha gracia ou cun comentario gracioso. Así que non sería de extrañar que cando medre este carballo e alguén esté debaixo lle caia unha landra na cabeza. Seguro que é Ramiro facendo das súas”, avisou Pablo Vidal, compañeiro de partido e actual dirixinte dos nacionalistas locais.

Tras as palabras sentidas e de admiración e dos aprausos veciños, veciñas, amigos, representantes institucionais, afiliados políticos e familiares de Ramiro Recouso non perderon a ocasión de botarlle unha palada de terra sobre as raíces dun carballo novo cuxas raíces prenden xa tan forte na terra como prenderon as de Ramiro o do BNG entre toda a xente de Ordes.