Martes 20 de Novembro de 2018

O Centro Cultural Lustres Rivas acollerá un novo curso de criminoloxía e psicoloxía forense da Universidade Menéndez Pelayo


Un ano máis, Riveira vai ser escenario dun novo curso de verán organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo sobre Criminoloxía e Psicoloxía Forense.

A actividade terá lugar entre os días 20 e 22 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas e a matrícula segue aberta para quen queira acudir: ben sexan profesionais e estudantes de Criminoloxía, Dereito, Medicina, Psicoloxía, Traballo Social como profesionais que traballan en ámbitos como xulgados, corpos de seguridade, peritos forenses, xuristas, etc.

Esta acción formativa está dirixido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicoloxía da Universidade de Granada.

O obxectivo do encontro é ofrecer unha formación actualizada no ámbito das peritaxes psicolóxicas e da criminoloxía e para tal fin contarase con relatores de primeiro nivel, tanto profesores de Dereito Penal como psicólogos e profesionais de corpos de Seguridade do Estado.

Entre as temáticas abordadas figuran o concepto de violencia psíquica no delito de violencia doméstica, a análise de datos en casos de asasinos en serie, que é a imputabilidade penal, dureza e insensibilidade afectiva como indicador de psicopatía, como realizar unha peritaxe psicolóxica no ámbito penal, técnicas e procedementos para avaliar a veracidade de testemuños e declaracións, avaliación pericial psicolóxica en procesos de separación e divorcio, fundamentos da xenética forense, perfiles criminais ou pautas familiares e delincuencia, entre outras.

Para información e matrículas: Secretaría de Alumnos da UIMP. Teléfono: 981 140 790 / Correo electrónico: galiciasa@uimp.es