Mércores 17 de Outubro de 2018

Setenta nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos, participan esta semana nos Campamentos de Verán do Concello de Lousame


Un total de setenta nenos e nenas, de entre os 6 e os 15 anos de idade, participan esta semana na decimocuarta edición dos Campamentos de Verán do Concello de Lousame. Cinco días nos que os pequenos disfrutan de múltiples actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza entre as 9:30 e as 20:00 horas, o que supón á súa vez unha importante axuda para a conciliación da vida laboral e familiar de moitas familias de Lousame durante as vacacións escolares.

Despois de asistir a unha charla e unha exhibición de canicross a cargo de Fernando Pérez “Dete” e unha tarde de praia en Porto do Son, os pequenos saíron esta mañá a unha excursión ao parque multiaventura Galipark e ao parque Río Barosa. Para mañá mércores, ademais de xogos acuáticos na piscina municipal e dun obradoiro de actividades plásticas, terán a visita de Miguel Figueira Núñez, campión Ibérico de Triathlón. Isto fará que os rapaces participen nun peculiar triatlón entre a piscina, o polideportivo e o campo de fútbol.

Para o xoves 14 de xullo queda unha xornada de praia (con xogos, barbacoa e karaoke), mentres que o venres 15 de xullo haberá unha gran festa de despedida con rocódromo, futbolín acuático, pista americana, piscina, festa da escuma, sesión DJ e actuación de breakdance a cargo de “Vella Escola”.