Martes 19 de Xuño de 2018

A Galaicoi rexistrou máis de 5.000 visitas diarias


Cumpriuse co obxectivo. Hoxe o castro e as ruinasa romanas son sen dúbida máis coñecidas tanto para moitos cambreses como para moitos galegos

A Galicoi, a I Romaría Castrexo Romana, que se celebrou o pasado fin de semana en Cambre rexistro unha media de máis de 5.000 visitantes en cada unha das xornadas. O día de maior afluencia foi o sábado onde durante todo o día coincidindo coa romaría ao castro e onde se deron cita varias asociacións de Cambre.
Proba do éxito da cita é que o Museo de Cambre, que alberga as ruínas dunha vila romana, e que é tamén a Oficina de Atención de Turismo, rexistrou unha media de 200 visitas ao día, superando con fartura as visitas mensuais que ten a dependencia municipal.
Segundo o edil de Cultura, Ramón Boga , “Cumpriuse co obxectivo. Hoxe o castro e as ruinasa romanas son sen dúbida máis coñecidas tanto para moitos cambreses como para moitos galegos. Foi unha festa histórica ao grande e m agradecemento especial é para as asociacións de veciños, culturais e deportivas que foron fundamentais para facer realidade a cita”, destacou.

En canto á promoción económica cabe destacar o importante impacto na hostalería tal e como destaron os empresarios do centro do municipio. Nalgúns casos houbo que repoñer existencias ante a gran afluencia de persoas. A estampa das terrazas cheas de persoas que deixou a Galaicoi foi unha mostra do impacto económico da cita. Segundo Boga, houbo varios hostaleiros que lle trasladaron a súa satisfacción polo éxito do fin de semana.

Boga agradece a colaboración da asociacións culturais, veciñais e deportivas que se envorcaron coa cita histórica e prestaron unha axuda indispensable á organización.
Asimsimo, quere agradecer o impagable traballo da Agrupación de Voluntarios de Cambre, que unha vez máis e de forma altruísta traballaron arreo durante res d´çias para velar pola seguridade da cita. Neste sentido, agredeció á Policía Local e Protección Civil o seu traballo e destacou que non houbo que lamentar ningún incidente de gravidade. Tamén ás empresas concesionarias de servizos no Concello que colaboraron de forma intensa para garantir a recollida de residuos, a iluminación, o abastecemento de auga e servizos na Galaicoi.

A Asociación de Empresarios de Cambre tamén colaborou coa cita cun sorteo dunha réplica dunha xerra castrexa e moitos negocios engalanáronse á cita, algo que desde o Concello agradeceron de forma especial.