Martes 19 de Novembro de 2019

En marcha ‘Unha viaxe pola cultura’ no concello de Ordes


O Departamento de Cultura do Concello de Ordes iniciou o seu programa estival ‘Unha viaxe pola cultura’. Unha iniciativa que se levará a cabo ao longo da vindeira quincena e que terá como principais lugares de encontro a Alameda e o Campo da Feira. Aproveitando as posibilidades meteorolóxicas que brinda o mes de agosto levaranse a cabo unha serie de espectáculos e encontros para ser desfrutados en familia e con amigos e amigas. Maxia, clown, música, teatro, acrobacias, monicreques, baile rexional, concertos e moito máis completamente de balde cos que pasar o verán ao aire libre.