Domingo 19 de Xaneiro de 2020

Día do neno e nena con festa da espuma en Ordes


Centos de nenos e nenas desfrutaron do seu día no Campo da Feira de Ordes. A tarde deste pasado venres todas e todos eles foron os verdadeiros protagonistas da xornada grazas ás actividades organizadas polo Concello de Ordes dentro do programa ‘Unha viaxe pola cultura’. Nesta ocasión as atraccións e a diversión chegou da man dun sinfín de xogos tradicionais, animacións circenses, inchables, circuítos de cars, globoflexia, maquillaxes de fantasía etc. Por suposto a música e a festa non faltaron e por si entraba a fame e había que repoñer forzas a rapazada e os seus acompañantes tiñan á súa disposición flocos de millo. Como remate unha gran festa da espuma convertiu o Campo da Feira nunha gran balsa branca na que os máis pequenos e pequenas desfrutaro ao grande. Entre os asistentes non faltou o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o cal estivo acompañado de varios dos seus concelleiros.