Luns 16 de Decembro de 2019

A Concellaría de Deportes da Pobra organiza a xornada adicada ao DEPORTE NA RÚA


O venres, día 26 de agosto, a Concellaría de Deportes da Pobra organiza a xornada adicada ao DEPORTE NA RÚA que vai ter lugar na Praza Alcalde Segundo Durán, nas Pistas do Castelo, no recheo e no Areal, no horario de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h.

Nesta xornada están convidados a participar todos os rapaces e rapazas do Concello de idades comprendidas entre os 7 e 14, que comprenderá as seguintes modalidades deportivas: atletismo, aeromodelismo, fútbol 3×3, baloncesto 3×3, remo, artes marciais, xadrez, piragüísmo, tenis, tenis de mesa, bádminton, voleibol, hockey e acrobacias, ademais de divertidos xogos.
Para a realización desta actividade cóntase coa colaboración da maioría dos Clubes deportivos da Pobra .

OS MONITORES DA CONCELLARÍA DE DEPORTES DA POBRA ENCARGARANSE DAS SEGUINTES ACTIVIDADES:

· HOCKEY – FLOORBALL – Praza Maior
· VOLEIBOL – Praza Maior
· BADMINTON – Praza Maior
.FUTBITO- Praza Maior
.XOGOS ALTERNATIVOS: Praza Maior

AS ACTIVIDADES QUE REALIZARÁN OS CLUBES, SERÁN:

· CLUB TENIS PUNTA SALERA – Encontros de tenis para todalas idades, dobres ou individuais para todos os nenos que se acerquen o seu stand.- Pistas do castelo –
· CLUB BALONCESTO ASAMBAL – Encontros de minibasket ou 3×3 en pista reducida – Pistas do Castelo–
· ASOCIACIÓN ADECO DEA – Competición de tenis de mesa regulado polos membros de esta asociación. – Praza Maior –
.CLUB DE ARQUEIROS BARBANZA – Promoción do tiro con arco, no aparcamento do recheo estarán instalados varios parapetos donde poderán practicar todos os rapaces e rapazas.
· A.D.B. BARBANZA – Promoción do piragüísmo e atletismo mediante travesias organizadas con monitores donde podrán participar todolos nenos/as interesados. – Rampa do Pantalán e Areal.
Promoción do atletismo na Praza Alcalde Segundo Durán.
.CLUB DE REMO PUEBLA.- Promoción do remo mediante saídas en bateis na praia do Areal e remoergómetro na Praza Maior.
.CLUB XADREZ MARQUIÑO .- Promoción do xadrez.
-PARKOUR .- Acrobacias
-AEROMODELISMO.- Club Aeromodelismo Furacán.