Xoves 20 de Setembro de 2018

A S.D. Pontecarreira, campións do Torneo Hotel Restaurante Sta Cruz


A S.D. Pontecarreira aproclamouse por segundo ano consecutivo como campión do Torneo Hotel Restaurante Santa Cruz. O derbi celebrouse onte domingo no campo de fútbol da S.D. Santa Cruz de Montaos, quedando os anfitrións en segunda posición seguidos do Vila de Ordes. Os resultados foron os de 0-1 no encontro entre o Montaos e o Pontecarreira, 1-1 para o Vila de Ordes e o Pontecarreira e de 2-0 para o Montaos e o Vila de Ordes, con goles de Darío Veiga e Dany Landeira.