Mércores 08 de Xullo de 2020

Cars 2, este sábado na casa da cultura


O Concello de Ordes proxectará este vindeiro sábado, 8 de outubro, a película Cars 2. A cita terá lugar no auditorio da casa da cultura ás 19.30 horas e está especialmente dirixida á rapazada do lugar e aos seus acompañantes. Todas e todos poderán desfrutar de balde das aventuras de Mate, Rayo McQueen e os seus amigos de catro rodas, nunha película que leva o selo inconfundible de Walt Disney e Pixar. A chamada Tarde de cine é unha iniciativa organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Ordes que ten lugar un sábado ao mes. Deste xeito ofrécese unha opción de ocio para desfrutar en familia a través de películas infantís de animación. Para isto cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.