Xoves 12 de Decembro de 2019

Os Cen Pés de Vilagarcía iniciaron a súa temporada 2016-7 cunha ruta de sendeirismo por Lousame que congregou a 52 persoas


Un total de 52 integrantes do grupo de sendeirismo Cen Pés, de Vilagarcía de Arousa, participaron esta fin de semana nunha ruta ás minas de San Finx, en Lousame. Unha ruta circular de 12,5 quilómetros, con saída e chegada no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (Cruído), e que incluíu unha visita ao museo das Minas de San Finx, na que estiveron guiados pola técnico municipal Maite Sobradelo.