Luns 16 de Xullo de 2018

Aberta a inscrición para participar na xornada Emprende en feminino: un camiño á igualdade


O luns 24 de outubro de 10 a 14 horas nos baixos da Alameda terá lugar a xornada Emprende en feminino: un camiño á igualdade. Unha iniciativa formativa e divulgativa que se adhire á celebración do Día da Muller Rural que se conmemora mañá sábado, 15 de outubro. A asistencia é de balde e está organizada polo Concello de Ordes e a Federación Nacional de Autónomos (ATA), en colaboración coa Mancomunidade de Ordes e o Centro de Información á Muller (CIM). Enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2014 – 2016 conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.
A xornada ten como obxectivo principal promover o autoemprego feminino para aquelas mulleres con maior dificultade de acceso ao mercado laboral, e en especial para aquelas residentes nas zonas rurais. Ofreceranse alternativas que eviten a emigración a núcleos de poboación de maiores dimensións, e que incidan no desenvolvemento das súas localidades a través do autoemprego e da procura de novos xacementos ocupacionais. Para isto ofreceranse talleres presenciais, asesoramento e titorización en autoemprego (presencial e en liña), información sobre microfinanciamento para emprendemento e asesoramento sobre viabilidade empresarial para autónomas. Tamén se abordarán aspectos relacionados cos plans de empresas; o método Canvas de viabilidade; plans de axudas, subvencións e préstamos financeiros; postas en comúns de casos reais etc.
As persoas interesadas nesta xornada deberán facer unha inscrición no número de teléfono 981680002, no CIM de Ordes no teléfono 981682108 ou a través do correo electrónico do CIM de Ordes.