Martes 10 de Decembro de 2019

A Mancomunidade clausura a I Miniolimpíada co concello de Ordes como máximo medallista


Os alevíns do Oroso proclamáronse gañadores no fútbol sala tras a tanda de penaltis

A I Miniolimpíada da Mancomunidade de Ordes clausurouse onte sábado cun alto nivel de participación, contando con 120 deportistas de toda a comarca lotaron por proclamarse os mellores en atletismo, xadrez, fútbol sala e orientación.
Os clubs alevíns de Oroso, Cerceda e Tordoia acadaron os tres primeieos postos respetivamente na liguilla de fútbol sala que se disputou no pavillón Castelao II. A competición foi moi reñida, tendo que ir á tanda de penaltis para decidir o nome do gañador. Namentres nas instalacións deportivas de Vista Alegre tiñan lugar as probas de resistencia e lanzamento, ademais dunha nova rolda de partidas de xadrez e de probas de orientación. Uns resultados acadados sumáronse ao medalleiro da xornada do pasado sábado, 8 de outubro. Tras o reconto final a clasificación por concellos estivo encabezada polo de Ordes con 66 metais, Cerceda con 25 e Mesía con 9. Cerrando a táboa posicionáronse ordenadamente Trazo, Frades, Oroso e Tordoia.
O presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades, Roberto Rey, foi un dos encargados de entregar as medallas a pé de podio, labor para o que contou co respaldo dos edís Luis Caamaño (Ordes), Jesús Rama (Cerceda) e Beatriz Rodeiro (Oroso).
Cabe destacar o gran traballo realizado polo organizador desta cita, o Club Atlética A Silva, e polo alto nivel de colaboración brindado por Jogafán Fútbol Sala, Club SEO e Club Xadrez Oroso, ademais do patrocinio da Deputación da Coruña.