Mércores 23 de Setembro de 2020

Os afeccionados á fotografía teñen ata o 10 de novembro para presentarse ao XI Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’, que organiza el Concello de Touro


Os afeccionados e amantes da fotografía teñen de prazo ata o 10 de novembro para presentarse ao XI Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’, organizado polo Concello de Touro. O próximo 10 de novembro remata o prazo para presentarse a un concurso que cumpre 11 anos. A cita para os afeccionados á fotografía consta de tres apartados na categoría de adultos: Premio Especial Touro Natureza, Premio Especial Patrimonio Histórico-Cultural y Tema Libre. Cada apartado está dotado cun premio de 300 euros. Pola súa banda, a categoría xuvenil conta co Premio Especial Touro Natureza e o Premio Especial Touro Patrimonio Histórico-Cultural. Nos dous casos o premio será unha tablet.

O Concello de Touro pretende cada ano, e con este xa son once, con este concurso “contribuir á creación artística, fomentar a divulgación da fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio”. Poderán participar todas as persoas físicas que cumplan o establecido nas bases. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de catro obras, que deberán ser orixinais, recentes e inéditas. As fotografías realizaránse en branco e negro ou cor.

O propio Concello de Touro exporá as fotografías gañadoras e tamén as dos demáis participantes. Estos traballos pasarán a formar parte dun aquivo creado para uso municipal. Os interesados en presentarse no concurso poden consultar as condicións da convocatoria en www.concellodetouro.com ou no propio Concello, chamando ao número de teléfono: 981.504.029.