Martes 22 de Maio de 2018

A Xunta de Galicia apoia o labor solidaria da Asemblea Comarcal de Cruz Roja Betanzos no marco do seu VI Encontro de Voluntariado


A cita contou coa presenza da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, quen gabou o traballo do voluntariado desta vila coruñesa a prol dos máis desfavorecidos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no VI encontro de voluntariado da Asemblea comarcal de Cruz Roja Betanzos. Na cita, que tivo lugar na Casa da Xuventude, tomaron parte un total de 25 persoas voluntarias desta vila coruñesa, así como o Presidente da propia Asemblea comarcal de Cruz Roja Betanzos e a Presidenta provincial de Cruz Roja española en A Coruña.
Así as cousas, Cecilia Vázquez explicaba que coa presencia da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Xunta de Galicia pretende apoiar medidas de fomento do voluntariado para abordar necesidades moi diversas latentes no seu entorno, así como incentivar as iniciativas que desde o ámbito das entidades de iniciativa social se levan a cabo para o fortalecemento dos lazos de solidariedade e a participación.
Neste ano 2016, un total de 94 organizacións e ao redor de 4500 persoas voluntarias desenvolverán a súa labor voluntaria ao abeiro do reactivado programa de axudas para Entidades de Acción Voluntaria (EAV) de carácter privado. O compromiso asumido formalmente polos responsables da política de voluntariado en Galicia, reflectido na Estratexia de Acción Voluntaria 2016-2018, prevé aumentar nos vindeiros anos de xeito sostido o orzamento destinado ao financiamento en concorrencia competitiva dos proxectos presentados polas entidades.
Finalmente, Cecilia Vázquez agradeceu a labor desenvolvida polos voluntarios da Asemblea comarcal de Cruz Roja Betanzos presentes no acto e que tal e como lembrou a propia directora Xeral participan ao longo do ano nas distintas áreas de intervención que Cruz Roja Betanzos leva a cabo en materia de voluntariado no campo de emerxencias (servizos preventivos), de intervención social (que engloba o programa de persoas maiores, produtos de apoio e alimentos para a solidariedade), de xuventude (con talleres de sensibilización, prevención e sensibilización nos centros educativos de primeiros auxilios, prevención de accidentes, educación para saúde, prevención de condutas violentas, intervención e exclusión social) e de emprego. Precisamente neste último eido, Cruz Roja Betanzos pretende configurar un espazo de busca activa de emprego no que as persoas interesadas poidan presentar a súa candidatura a unha oferta de traballo, subscribirse a ela e facer un seguimento da mesma.