Mércores 11 de Decembro de 2019

Clases de fiado e cosmética en Ordes, Mesía e Cerceda cos obradoiros artesanais da Mancomunidade


Continúan cun alto nivel de participación os obradoiros tradicionais organizados pola Mancomunidade de Ordes. Nesta ocasión as persoas asistentes aprenderon técnicas de fiado e tamén sobre cosmética. Ordes, Cerceda e Mesía foron os municipios onde, ao longo destes últimos días, se impartiron as clases. Con todos os traballos que se están efectuando dende o comezo desta iniciativa, xa hai máis dun mes, tense previsto realizar unha ampla mostra no Museo do Traxe Juanjo Liñares (Ordes) do 16 ao 23 de decembro. A posta en marcha desta idea conta coa colaboración da Deputación da Coruña.