Domingo 15 de Decembro de 2019

Un concurso entre alumnos de infantil e primaria dos colexios de Riveira decidirá o cartel destas festas de Nadal


Con motivo da próximas festas de Nadal as Concellerías de Cultura i Educación de Riveira uniron as súas forzas para poñer en marcha un novidoso concurso destinado aos nenos e nenas de infantil e primaria dos centros escolares do municipio co obxectivo de que a imaxe que ilustre o cartel deste ano leve a firma da obra gañadora entre eles.

Fabiola García e Herminia Pouso como titulares das devanditas áreas municipais explicaron as bases do certame, denominado “Pinta o teu Nadal”, que estará aberto ata o vindeiro 29 de novembro e no que animaron aos pequenos a presentarse.

A obra deberá estar relacionada co Nadal e poderá ser presentada en cartolina ríxida ou material semellante en tamaño non maior dun A-3. A técnica pode ser libre: cera, colaxe, acuarela, rotuladores, témpera…

As obras deben ser inéditas, polo tanto non poden ser obxecto de ningún outro premio, nin ser publicadas ou presentadas noutros concursos. Cada traballo asinarase con pseudónimo. O mesmo pseudónimo e a idade do concursante figurará no exterior dun sobre pechado, que conterá no seu interior o nome da nena ou do neno, idade, curso e centro de ensino; este sobre presentarase pegado pola parte posterior do traballo.

Os participantes remitirán as obras, ata o día 29 de novembro, ao Centro Cultural Lustres Rivas (R/Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira).

O xurado estará composto por dúas persoas de recoñecido prestixio no eido das artes e pola concelleira de Cultura ou persoa na que delegue. A decisión do xurado poñerase en coñecemento do centro de ensino da nena ou neno galardoado o día 1 de decembro do 2016, e en acto público ao longo do mes de decembro.

O premio, único, consistirá nun diploma, un lote de libros, e a edición da obra gañadora como motivo dos carteis de Nadal do Concello de Riveira. Ademais, os centros de ensino participantes recibirán un lote de libros para a súa biblioteca escolar.