Sábado 14 de Decembro de 2019

Alumnos do colexio o grupo e o IES Número 1 confirmaron a súa visita á exposición “Elas” como actividade contra a Violencia Machista


Do 21 ao 25 de novembro, con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, diversos centros educativos do municipio mostraron o seu interese en visitar a exposición “Elas”, de Aurora Marco e 8 artistas galegas, co fin de sensibilizar aos nenos na igualdade de xénero e contra a violencia machista.

Ata agora concretaron a súa visita o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP O Grupo de Riveira (200 nenos e nenas) que acudirán ao Centro Cultural Lustres Rivas o luns 21 e o martes 22 de 11 a 13 horas. Tamén virá alumando do IES Nº 1 de Riveira cun grupo de 50 rapaces o mércores 23 de novembro. Da súa benvida e pequena explicación ocuparase o programador de exposicións do Concello, Unai González.

Esta convocatoria foi enviada a todos os centros educativos de Riveira e espérase que nos próximos días outros colexios se sumen a esta iniciativa para o resto dos días da semana.

“Elas” rematará o vindeiro sábado 26 de decembro incluído e que o horario de visitas é de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta.