Luns 10 de Decembro de 2018

Setenta maiores principian unha nova edición dos Obradoiros de Enriquecemento Educativo en Aguiño, Riveira e Palmeira


O Concello de Riveira informa de que deron comezo as Clases de Enriquecemento Educativo que organiza o Concello de Riveira a través do seu Departamento de Servizos Sociais.

Estas actividades encádranse dentro do Programa de Dinamización e Promoción Social dos nosos Maiores e un ano máis levaranse a cabo por voluntarias integrantes do Programa de Voluntariado Social.

As sesións formativas terán lugar en Riveira nas aulas de Cristobal Colón, en Aguiño na Casa da Cultura, e en Palmeira no Club de Xubilados; tendo en perspectiva ir ampliando ao longo do ano a oferta deste servizo a outras parroquias do concello en función da demanda e das posibilidades.

As voluntarias responsables de impartir estes obradoiros serán Cruz Rivadulla Márquez e María Gago González, ámbalas dúas cunha dilatada experiencia profesional no mundo do ensino.

O número de participantes nestes obradoiros é de 70 persoas. A duración dos cursos será dende hoxe ata o 12 de Xuño de 2015.

A sesión de apertura ten lugar ás 10.30 horas no Club de Xubilados de Palmeira.