Martes 31 de Marzo de 2020

O concello dá outro paso na mellora da accesibilidade en edificios públicos coa instalación dun ascensor no Conservatorio


Confirmada unha achega da Xunta para realizar esta actuación

O Concello de Riveira vai dar un paso máis na mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público do municipio a través da colocación dun ascensor no edificio ocupado actualmente polo Conservatorio de Música.

Neste senso, a administración local recibiu no día de hoxe a confirmación de que lle foi concedida unha axuda para poder realizar esta actuación concedida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia ao abeiro da orde de 21 de xullo de 2016. O importe da subvención é de 61.047,17 euros para unha actuación que ascende a un total de 81.393 euros. Está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Recional (FEDER).

O desenvolvemento da obra deberá estar rematada antes do vindeiro 14 de febreiro.