Mércores 24 de Maio de 2017

Charla sobre o aforro no recibo da luz


‘Dálle luz á túa factura’ é a campaña de información emprendida pola Xunta, e que terá lugar na Casa da Cultura o vindieiro luns ás 18.45 horas

O vindeiro luns, 12 de decembro, ás 18.45 horas terá lugar na Casa da Cultura unha charla sobre o aforro na factura da luz. A asistencia será de balde sen necesidade de ter que inscribirse previamente nin reservar espazo. Neste encontro todas as persoas que asistan poderán plantexar dúbidas a expertos na materia.

Trátase da segunda fase da campaña ‘Dálle luz á túa factura’, unha iniciativa plantexada pola Xunta de Galicia co fin de divulgar, formar e sensibilizar sobre o contido do recibo eléctrico. Entre os obxectivos principais figuran os de facilitar a comprensión das facturas e informar dos dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites.

Destácase tamén a elaboración dunha aplicación informática que permite coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade (Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc), diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico, calcular o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda, calcular a tarifa máis adecuada en función do equipamento, extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental, obter consellos de aforro e eficiencia enerxética, ademais de expoñer os dereitos dos consumidores.

Para acceder á dita aplicación basta con facer uso do seguinte enlace: http://www.inega.es/informacion/simuladores/. Ademais tamén se pode obter información a través de Facebook: Facebook.com/dalleluzatuafactura/, ou ben no 900 90 77 23.

Nesta iniciativa participan a Xunta de Galicia, INEGA e o Instituto Galego de Consumo.