Domingo 15 de Decembro de 2019

Aberto o prazo para participar nas actividades de conciliación no Concello de Ordes


As sesións desenvolveranse pola mañá. Tamén se poderá ampliar o horario e contratar servizo de almorzo, xantar e merenda

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para inscribirse nas actividades de conciliación que se desenvolverán durante as vacacións do Nadal. As persoas interesadas en participar no ‘Christmas Camp 2016-17’ poderán apuntarse ata o vindeiro luns, 19 de decembro no Departamento de Educación municipal, ou ben nas oficinas da escola infantil ConTalento, situadas no número 10 da rúa Reconciliación.
A dita actividade vai dirixida a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos. Desenvolveranse os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. O horario xeral vai de 9 a 14 horas, aínda que tamén se ofrece a posibilidade de ampliar o dito horario tanto pola mañá, dende as 7.30 horas, como pola tarde. Non é a única novidade xa que tamén se ofertan outros servizos como os de almorzo, xantares ou merendas. O prezo é de 44 euros, tendo as familias numerosas un desconto do 50%.
‘Christmas Camp 2016-17’ é unha iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes en colaboración coa escola ConTalento e financiada pola Deputación da Coruña.