Venres 16 de Abril de 2021

Novas luminarias para a vila Ordes


Nestes días estanse a instalar 45 novos puntos de luz con tecnoloxía LED, o que suporá un alto aforro económico ademais dunha medida de sustentabilidade medioambiental

O Concello de Ordes está a proceder coa renovación do sistema de iluminación público no casco urbano da vila. A obra está a realizarse nun tramo de 440 metros da avenida Alfonso Senra, no que se están a retirar os puntos de luz existentes para a posterior instalación dos 45 equipos novos con potencias entre os 71 e os 35 W. O investimento destinado ascende a 60.492 €.

Segundo o tramo concreto as características técnicas das luminarias varían dunhas a outras. Así dende a rúa O Recreo ata a rúa Compostela as columnas terán unha altura de 5 m cunha distancia entre elas de 17 m. Na Alameda instalaranse 5 puntos de luz dobres que iluminarán tamén a avenida Alfonso Senra. Xa dende a rúa Compostela ata a rúa Galicia a altura dos mástiles serán de 7 m con distancias entre si de 32 m, e cunha potencia de máis de 70W. Ademais tamén se teñen instalado puntos focais concretos orientados ao Concello e a igrexa de Santa María de Ordes.
A substitución das antigas luminarias polos novos sistemas vial LED de última xeneración suporán un notabilísimo aforro para as arcas municipais, estipulado en máis de 1.000 € ao ano en tan so o tramo da Alameda. Calcúlase que o investimento total efectuado estará amortizado na súa totalidade nun período de catro anos e medio. Ademais do aspecto económico a nova medida tamén suporá a reducción da contaminación lumínica