Domingo 25 de Outubro de 2020

Os nenos e nenas do Lousame Concilia reciben a visita de Papá Noel


Os maiores do centro de día celebraron unha Festa de Nadal

A vintena de nenos e nenas que participa no servizo de ludoteca do programa “Lousame Concilia”, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, recibiron a visita de Papá Noel. Ademais de xogar con eles, aproveitou para recoller algunha que outra carta con atraso e escoitar de viva voz as peticións dos pequenos.

Por outra banda, esta tarde tivo lugar a tradicional Festa de Nadal para os maiores do centro de día de Lousame, á que asistiron non só os usuarios e usuarias do centro senón tamén familiares e amigos. A música correu a cargo, ao igual que durante o pasado magosto, do grupo de gaitas O Son do Pote, de Tállara.