Xoves 18 de Outubro de 2018

Os paxes reais chegan á escola infantil municipal Sorrisos


A escola infantil municipal Sorrisos recibiu a visita dos paxes reais a escasas horas de que as Súas Maxestades os Reis Magos cheguen a Ordes. Nenos e nenas puideron darlles en man as súas cartas con todos os agasallos que desexan para esta noite tan especial.