Luns 26 de Febreiro de 2018

Cesión dunha leira no Mesón do Vento ao Concello de Ordes por parte do Banco de Terras de Galicia


José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes e Miguel Pérez Dubois, director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, asinaron esta fin de semana o acordo de cesión en propiedade a este concello dunha parcela situada no Mesón do Vento por parte do Banco de Terras de Galicia. Unha propiedade que a partir de agora se dedicará a actividades recreativas.