Mércores 08 de Xullo de 2020

O Concello repara de urxencia un tramo de saneamento de 35 metros en O Toural


O Concello de Cambre repara de urxencia un tramo de 35 metros de tubaxe de saneamento que filtraba auga debido a unha notable deterioración, que segundo os técnicos municipais débese fundamentalmente á antigüidade da canalización.

A tubaxe antiga de formigón estase substituyendo nestes momentos por outra de PVC para evitar que siga filtrando ás parcelas situadas na zona do Toural na parroquia de Cambre.

A concelleira de Servizos, Elisa Pestonit, e o propio alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, desprazáronse o pasado venres á casa dun veciño de O Torural que detectou a avaría da tubaxe.