Sábado 31 de Outubro de 2020

Charla sobre a praga da avelaíña guatemalteca da pataca


O concello de San Sadurniño é un dos municipios afectados pola praga da couza guatemalteca da pataca. Unha praga que está a causar fonda preocupación entre a veciñanza xa que na meirande parte das casas se botan patacas para o autoconsumo ou para repartir coa familia.

Aínda que xa van varias semanas falando da praga, nos últimos días asistimos a unha manchea de resolucións, acordos, noticias e declaracións que xeran desinformación e inseguridade sobre que facer.

A Xunta publicou un par de resolucións sobre este asunto obrigando a declarar as plantacións das patacas de cedo e recomendando que non se continúe plantando ante a previsión de que se publique un decreto estatal prohibindo as plantacións e obrigando a levantar o xa sementado nos municipios afectados.

Para aclarar conceptos, analizar o contexto normativo vixente e previsible, e solucionar as dúbidas que se están a xerar, o Concello organiza unha charla, que será impartida directamente por persoal técnico da Consellaría do Medio Rural.

Data: venres 3 de marzo

Hora: 21.00 horas

Lugar: Casa da Cultura de San Sadurniño

Imparte a charla: persoal técnico da Consellería do Medio Rural