Luns 19 de Novembro de 2018

O delegado territorial da Xunta na Coruña participou na visita dos Correos e Xenerais do Ulla á parroquia de Sergude, unha das manifestacións máis tradicionais do entroido galego


Ovidio Rodeiro acudiu xunto co alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na visita dos Correos e Xenerais do Ulla, que tivo lugar no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia, na parroquia de Sergude, no concello de Boqueixón. Trátase, como explicou o propio Rodeiro, “dunha das manifestacións máis tradicionais do Entroido galego” ao tempo que supón un respaldo chave para o sector do cabalo na comunidade.

Ovidio Rodeiro participou convidado polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín. Malia que o tempo non acompañou, centos de persoas déronse cita no recinto para seguir de preto, un ano máis, as evolucións dos xinetes, que estiveron acompañados pola parranda e o caixeiros.