Sábado 14 de Decembro de 2019

Susana Seivane pedía hoxe en Cambre a colaboración na investigación sobre a biopsia líquida de Oncomet


A gaiteira Susana Seivane amosou hoxe o seu apoio á campaña de micromecenado para o estudio da biopsia líquida do grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) visitando a mesa informativa situada no rúa Parque da Igrexa, s/n de Cambre.
Xunto a outros recoñecidos actores, escritores, músicos ou deportistas a gaiteira prestou a súa imaxe desde o principio da campaña amosando o seu apoio a través das redes sociais do proxecto.
Oncomet pedía hoxe a colaboración para a campaña de micromecenado coa que pretende involucrar a toda os galegos na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.
A través das mesas informativas situadas na rúa Parque da Igrexa Oncomet daba a coñecer hoxe as vantaxes desta innovadora técnica non invasiva que logra extraer cunha simple análise de sangue a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real.
As doazóns, que contan con importantes vantaxes fiscais, pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736.
Os membros do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) manifestan o seu fondo agradecemento aos máis de 5.000 doantes que teñen participado na campaña así como aos milleiros de persoas que axudan a difundir a campaña.
Oncomet aspira a reunir 500.000 euros e está a recibir unha inestimable axuda de innumerables actividades promovidas por particulares e colectivos sociais. Son moitos os famosos, agrupacións, entidades e institucións os que están a apoiar a campaña a través de distintas iniciativas.