Mércores 23 de Setembro de 2020

A Coruña renova as bandeiras Ecoplayas 2014 e confirma a excelencia dos seus areais


Riazor-Orzán-MatadEROro, San Amaro, Oza e As Lapas reciben este distintivo que valora a súa calidade estética, turística, de servizos e sostibilidade, así como o equipamento ou o mantemento

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio que dirixe Enrique Salvador, informa de que a cidade renovou o galardón de Bandeiras Ecoplayas que cada ano outorga a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio. En concreto, catro areais do municipio recibiron esta distinción no marco do XVI Congreso e Exposición Internacional de Praias, celebrado no Museo Marítimo Ría de Bilbao.
As catro praias que foron merecedoras de renovar o galardón sonSan Amaro, Riazor – Orzán – Matadoiro, Oza e As Lapas. Ante a existencia de numerosas certificacións de distinta índole que poden obter os areais, estes premios supoñen un intento de valorar o conxunto das súas características e galardoar ás mellores praias e entidades supramunicipais de cada rexión española. Así, a través dun estrito sistema de información e avaliación, galardóanse as praias que se distinguen pola súa calidade dende o punto de vista ambiental, por unha sostibilidade especialmente alta, promovendo deste modo a excelencia no deseño, o equipamento e o mantemento do grande activo que constitúen as praias españolas. Para iso, ademais de criterios turísticos, tivéronse en conta criterios concretos e doados de documentar, demostrar e avaliar, sempre dende o punto de vista da enxeñaría e a sostibilidade de praias.
A área de Medio tamén ten implantado un sistema de xestión ambiental segundo a norma internacional ISO 14001, reflexo do seu compromiso de sostibilidade e mellora continua. Un sistema que hoxe en día abrangue un rango moi amplo de actividades e que foi concibido para velar pola correcta xestión das principais praias do termo municipal, contemplando aspectos como a recollida de residuos nestes espazos, a súa limpeza, o mantemento das infraestruturas que levan asociadas, o control de calidade das súas augas, o control das actividades e espectáculos que se levan a cabo nestes espazos ou a resposta ante situacións de emerxencia.