Sábado 31 de Outubro de 2020

Nova exposición no Lustres Rivas a partir do 7 de abril: “O cangrexo verde” dos artistas muradanos Fernando e Roque Rey


O Centro Cultural Lustres Rivas vai ser escenario a partir do vindeiro 7 de abril dunha nova exposición titulada “O cangrexo verde”: unha mostra de pintura e escultura obra dos artistas muradanos Fernando e Roque Rey.

O acto inaugural terá lugar o propio venres 7 de abril ás 21 horas. A entrada será gratuíta.