Martes 19 de Xuño de 2018

O exercicio económico de 2016 arroxa un superavit de 1.675.522 euros


García Patiño mostrou a súa satisfacción polos datos obtidos que reflicten un remanente positivo de tesorería de 2.697.489 euros
A liquidación do orzamento de 2016 do Concello de Cambre arroxa un balance moi positivo en todas as magnitudes contables, segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, que tras recibir o informe de Intervención valorou a situación actual das arcas municipais.

Cabo destacar que o alcalde non delegó a área económica en ningún momento por tratarse “do eixe vertebrador da política municipal”. O resultado presupuestario axustado do exercicio de 2016 é de 1.053.548 euros.

García Patiño mostrou a súa satisfacción polos datos obtidos que reflicten un remanente positivo de tesorería de 2.697.489 euros e un superavit de 1.675.584 euros, o que permitirá agora a amortización anticipada dos préstamos bancarios. Esta situación terá dúas consecuencias fundamentais:

Por unha banda, rebaixarase a un máximo histórico o volume de endeudamiento bancario que se situou en decembro de 2016 en 2.300.000 euros e que agora se situará por baixo dos dous millóns, algo que non ocorría nos últimos quince anos.

Doutra banda, permitirá rebaixar os gastos dedicados a amortización de préstamos, o que se traducirá nun aumento dos recursos destinados atender as demandas vecinales para diferentes investimentos.

Todo iso permitirá liberar recursos económicos para o exercicio do 2018 para actuacións no ámbito social.

En canto á débeda viva sitúase nun 19%, mentres que o máximo que permite o Estado é dun 110% o que vén constatar a eficiencia da xestión dos recursos propios do Concello.