Sábado 15 de Decembro de 2018

Aberta a inscrición para participar nos cursos de galego do concello de Riveira preparatorios para os exames CELGA


Como cada ano desde o Concello vai promover un curso de lingua galega preparatorio para as probas CELGA 2017.

O curso está dirixido a persoas maiores de 16 anos que queiran prepararse para presentarse aos exames CELGA convocados pola Xunta de Galicia.

Desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas, os martes e mércores de 20.00 a 22.00 h. A data de comezo será o día 18 de abril e rematará o 14 de xuño.

A inscrición para as persoas que queiran asistir estará aberta ata o día 17 de abril.

Información e inscrición:
Servizo de Normalización Lingüística
Centro Cultural Lustres Rivas
R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º
Tel.: 981835650