Luns 20 de Novembro de 2017

Aprobado o expediente de contratación para a eliminar barreiras arquitectónicas no acceso á Biblioteca e ao Lustres Rivas


Tamén se mellorará o illamento na biblioteca pública

A xunta de goberno local aprobou no día de hoxe o expediente de contratación dunha nova actuación consistente na mellora do illamento e eliminación de barreiras arquitectónicas na Biblioteca Municipal e o Centro Cultural Lustres Rivas: dúas dependencias enclavadas nun edificio situado na rúa Manuel Lustres Rivas, número 20.

A obra está adscrita ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación e ten un orzamento de licitación de 30.492 euros. O prazo de execución é dun mes e medio.

Ventanais
O obxectivo perseguido reside en primeiro lugar en mellorar o illamento da Biblioteca substituíndo os 5 antigos ventanais de aluminio e cristal cinco por novos ventanais de aluminio anodizado con dimensións 4 por 3 metros e triple cristal, o que redundará nun illamento máis eficaz tanto dende o punto de vista técnico como acústico.

En segundo lugar, preténdese facer accesible a entrada ao edificio e para isto eliminarase o peldaño exterior e para salvar o desnivel actuarase sobre unha parte da cota da rúa para deixar unha pendente adecuada que remate na soleira do portal. Polo que respecta ao interior, demolerase a rampa (que ten un desnivel do 25%) así como un tramo de escaleiras e instalarase unha rampa practicable para as persoas con mobilidade reducida.