Luns 20 de Novembro de 2017

Charla sobre busca de emprego no Viveiro de Empresas de Riveira dirixida a oito usuarios da asociación Ambar


O Viveiro de Empresas de Riveira deu cabida esta mañá a unha charla sobre busca de emprego dirixida a usuarios da asociación Ambar.

Impartida por Carolina Pampín, orientadora do Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego do Concello de Riveira, a conferencia estivo dirixida a 8 persoas membras de Ambar que acaban de rematar un curso de auxiliares de comercio e están empezando a planificar o proceso de busca de emprego de cara a insertarse laboralmente nese ou noutros sectores.

A actividade durou 2 horas e constou dos seguintes contidos:

• Presentación do servizo.
• Proceso de busca de emprego: autocoñecemento e definición do obxectivo, coñecemento do mercado laboral, estratexia de busca.
• Planificación e recursos para a busca de emprego.
• Nocións básicas sobre a elaboración do currículo.